Mostrando entradas con la etiqueta cómic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cómic. Mostrar todas las entradas

19 abr 2011

A illa de Calipso

A parti do noso libro de referencia sobre o heroe grego, Cuentos de Polidoro: Las aventuras de Ulises, presentamos o terceiro dos vídeos. Este trata da acollida que tivo na illa da ninfa Calipso. Lembra que os outros dous foron:

Esta noticia pode interesarlle aos exploradores de bibliotecas, que sabemos hai moitos. Na máis grande das que hai na Coruña, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés, encontrei dous cómics sobre Ulises dun autor chamado Sébastien Ferran. Son:

15 abr 2011

Eolo e o saco dos ventos

Ten en conta que esta historia das aventuras de Ulises empeza ao final do anterior vídeo. Agora, ademais do noso libro de referencia ou dos que ti uses libremente, xa coñeces dúas das aventuras de heroe grego. Lembra que debes ir preparando o teu material. No pode haber retrasos. Pois Eolo, o fillo do deus Poseidón, sempre está vixiando…

14 abr 2011

O cíclope Polifemo

É importante que non deixes para o final a actividade da Aula de mitoloxía. Xa sabes que trata das aventuras de Ulises, o heroe grego, cando regresa da guerra de Troia cara o seu reino de Ítaca. Unha das súas primeiras aventuras sucede na illa do cíclope Polifemo. Os cíclopes eran uns seres terribles que tiñan un só ollo no medio da fronte.

Por certo, este vídeo remata coa chegada de Ulises á illa do deus dos ventos, Eolo. Así que tamén serve, en parte, para a segunda aventura do noso libro.

24 feb 2011

La máquina de cuentos de Pancho

Desde Perú llega Pancho para que, con su ayuda, inventes una historia. Cuando la termines, podrás verla en forma de viñetas, como un cómic, pero en la pantalla del ordenador. Así que será un cómic digital, incluso con movimiento.

Para empezar bien, lee antes las instrucciones. Si quieres crear un cuento, además de escribir, debes elegir escenarios, personajes, objetos y también la música. Pero nosotros, como ya tenemos un montón de historias, usaremos las que hay en el proyecto Polgariño conta. Y seguro que todo será muy fácil…

16 mar 2010

Hércules, o heroe

Entre os mitos máis difundidos da antiga Grecia está o de Heracles, ao que os romanos chamaron Hércules. A súa lenda foi tan grande que case non houbo un lugar en todo o Mediterráneo sen un santuario dedicado a este heroe. E tamén tivo relación con España, país onde os gregos e os romanos crían que se acababa o mundo.

De feito, e segundo certa tradición, Hércules chegou ata a cidade de A Coruña para loitar contra un xigante chamado Xerión. Iso ocorreu mentres o heroe resolvía os doce traballos, que tivo que realizar por orde dun rei.

Se premes debaixo, onde pon Hércules y los bueyes de Gerión, coñecerás a historia do combate entre Hércules e o xigante. Investiga o mapa, e le de forma ordenada para comprender aquel suceso que, ao parecer, pasou na cidade coruñesa.


Ver Hércules y los bueyes de Gerión en un mapa más grande

De paso, aproveitamos a ocasión para desexarlle a Alicia, unha nena de 3º A, un bonito e feliz cumpreanos. E agradecemos as moedas coas que sorprendeu a Ismaíl e ao seu tesouro…

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización