Esta é a primeira entrada que escribe o Equipo de Redacción, no que pouco a pouco participará toda a clase. Así que hoxe, no Día do Libro, contan a visita que realizou o escritor Xabier P. Docampo ao noso colexio, para estar cos nenos e nenas de 5º e 6º curso. Hai que dicir que, para redactar este post, o equipo recibiu a axuda voluntaria de Lidia, Laura, Rubén Seoane, Brais, Sandra, Ana, Eduardo e Antón.
O luns 19 de abril visitounos Xabier P. Docampo, que a todos pareceunos moi bromista e agradable. É un gran escritor, que gañou un dos mellores premios de literatura de España.
Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu libro Cando petan na porta pola noite, que contestaba con moitas anécdotas e exemplos. Dixo que eses contos escribiunos el, pero que a maioría contoullos o seu pai, que era un gran contacontos. Por iso, cando morreu, púxose a escribir durante oito meses, ata que rematou o libro.
Unha das frases que máis nos gustou, foi cando dixo que os libros nunca teñen fin. Por iso sorprendeunos a súa forma de escribir e de contar as historias.
Na clase elaboramos “bocatas” para os contos do seu libro, que el asinou. Algúns compañeiros tamén fixeron debuxos, que foron o noso regalo. E ademais dedicou e asinou varios dos seus libros, que algúns levaran ao colexio. Gustounos tanto a súa visita que pareceunos moi curta…
[Clara, Eva, Daniel M., Cristina P.]
