Non é tan fácil saber cousas da vida de Ismaíl. Debido á súa timidez, que teñen outros gnomos, prefire calar e que sexan os demais os que conten as súas historias. Así, en certo libro antigo pódese ler o seguinte:
Algunhas veces parecía un pouco desconfiado, pero apreciaba os mesmos valores universais que nós. Por iso gustáballe dicir palabras moi fermosas sobre a igualdade, a aceptación, a solidariedade e a mestizaxe cultural. Ademais, Ismaíl coñecía a moitos amigos imaxinarios: aos xigantes e ás fadas, á nena Brancaflor e ao cabalo Buligán, aos elfos e aos hobbits, a David o gnomo e á Bela Durminte, a ET o extraterrestre e ao Señor dos Aneis, a Simbad o Mariño e á Cincenta, e tamén a Brancaneves con todos os seus ananiños.
Pero o que máis lle encanta son as historias que descubren os seus amigos e amigas sobre a súa propia vida. Moitas veces, como é tan maior, ni el mesmo as lembraba. Este curso son moi especiais eses descubrimentos, tanto que xamais se perderán:
- O valente Ismaíl, de Daniel Ondina Seijo e Ana Pazos Blanco.
- O peixe marabilloso, de Antón Seijas Vieites.
- Ismaíl y Brais, el ladrón, de Brais Ramos Pérez.
- O castelo de Ismaíl, de Rubén Sánchez López.
- O terrorífico castelo, de Lara Vieites Meijide.
- O circo, de Sandra Rivadulla Llerafo.
- Ismaíl, de Sara Roibal López.
- Invasión, de Daniel Martínez Veiga.
- Ler tamén o caldeiro das historias.
Ismaíl cre que, con todas esas historias novas, cada ano sabe un pouquiño mellor quen é realmente. E iso grazas a esas palabras vosas…