Recibimos no noso taboleiro de noticias unha visita inesperada, pero moi moi bonita. Trátase dun profesor de Portugal, que deixou algúns enlaces para que coñezamos máis cousas do seu país, do seu colexio e da súa aula. Por iso, sabemos que eses alumnos son de idades diferentes, e que os seus nomes son: Afonso, Raquel, Luisa, Carolina, Ana Clara e Iris. Aquí están.
Este cartel interactivo está feito cunha ferramenta chamada Glogster. Se queres velo máis grande, preme no seu nome e despois onde poña View Full Size. Agora le o que escribiron e, sobre todo, escoita esas palabras nas súas propias voces. Lembra que falan en portugués…

