Ler O canto das baleas (parte 1)
Lili sentouse no bordo do peirao a esperar. Esperou toda a mañá ata o atardecer.
Cando comezaba a escurecer, tío Federico baixou do outeiro a buscala.
Abonda xa de loucuras!, dixo imos para a casa!, non podes pasar a vida soñando!
Aquela noite, Lili espertou de súpeto. A luz da Lúa iluminaba o seu cuarto. Incorporouse e puxo atención. A casa estaba en silencio. Lili saltou da cama e achegouse á ventá; oía algo na distancia, desde o outro lado do outeiro. Saíu da casa e correu cara á costa, mentres o seu corazón latexaba cada vez con máis forza.
Alí, no océano, estaban as baleas. Saltaban, brincaban e xiraban iluminadas pola Lúa. O seu canto inundaba a noite. Lili viu a súa flor amarela mexéndose entre a escuma.
Pasaron minutos, quizais horas. De pronto, Lili sentiu a brisa movendo o seu camisón. Tiña os pés xeados, comezou a tiritar, refregou os ollos. O mar volvera á calma e a noite xa era moi escura. Lili pensou que todo tería sido un soño. Ergueuse para volver cando de súpeto, desde lonxe, desde moi lonxe, como un murmurio do vento, oíu...
Lili! Lili! Lili!
As baleas chamábana polo seu nome...