Mostrando entradas con la etiqueta fotos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fotos. Mostrar todas las entradas

13 sept 2011

Como una pinga de auga

Ismaíl aínda está de viaxe pero eu xa coñecín aos meus novos alumnos de 5º, pois chegou un novo curso. E case todos os que participaron neste blog agardan pola súa entrada no instituto, que será o próximo venres. Así que a este sitio, co que tanto disfrutamos e aprendimos, quédalle pouco tempo de vida. Despois parecerase a unha pinga de auga no medio dos mares de Internet, onde o blog navegará sen fin…

19 jun 2011

O día da graduación

As fotos de Sandra e de Clara, que amablemente enviáronas por correo electrónico. Como son tan emotivas, non vou dicir nada máis. Só que talvez a presentación vaia cambiando, se chegan máis fotos…

12 jun 2011

Alvarella Pecha Kucha

Parece que este será o último post dedicado á excursión de final de curso, a Alvarella. O mellor é que os seus autores (Alejandro, Daniel Martínez, Antón) queren mostrar esta presentación como unha Pecha Kucha… Ah, que non sabes que é iso. Pois mira aquí.

8 jun 2011

Na busca do castelo

Mentres agardamos por algún vídeo no canal de YouTube, outra nova presentación de fotos da nosa estancia en Alvarella. A maioría foron tomadas por Sechu, o profesor de 6º A, pero tamén hai algunha que fixo a nosa compañeira Carmen. Nestas imaxes aparecen lugares do campamento como a piscina e as cabanas, e tamén o camiño que levaba ao Castelo de Andrade. Aínda que moitas son da actividade dos salvamanteis con vimbios. Ao final sae un amigo que deixamos alí…

5 jun 2011

O día dos papaventos

Estivemos uns días en Alvarella, que é un eco-campamento, ademais de albergue turístico rural. Iso foi entre o 31 de maio e o 3 de xuño. Alí realizaron moitas cousas e pasaron moitas aventuras, que iremos contando pouquiño a pouco. Pois hai que agardar que os nosos fotógrafos teñan as súas fotos preparadas, e que os nosos escritores presenten as súas notas de viaxe.

Unha das actividades consistiu na realización dun papaventos a partir dunha bolsa de plástico, que en moitos casos era unha bolsa usada. Aquí están as primeiras imaxes…

5 abr 2011

En Sotavento

Onte, luns 4 de abril, os dous sextos realizaron unha visita ao Parque Eólico Experimental Sotavento. Como din na súa páxina web, Sotavento atópase en Galicia, na comarca da "Serra da Loba", a 10 km. ó sur das Pontes de García Rodríguez, entre os termos municipais de Xermade (LUGO) e Monfero (A CORUÑA), e a unha altitude entre 600-700 m. A duración da viaxe, aproximadamente, é dunha hora desde A Coruña, e hora e cuarto desde Santiago de Compostela…

Fotógrafa: Marta Peña

13 mar 2011

Mix Ismail´s Friends

Estamos a reorganizar algúns materiais audiovisuais do blog no noso Canal YouTube. O pasado curso, Lidia, Laura e Brais gravaron en vídeo e nos seus ordenadores o recitado dun poema de Miguel Hernández: Rueda que irás muy lejos. Agora, xunto con outras imaxes variadas, mesturamos todo e facemos unha publicación nova.

Ademais, ao parecer xa non funciona moi ben o sito onde tiñamos as outras gravacións. Así que no noso canal de vídeo seguro que estarán mellor gardadas.

23 ene 2011

Quen nos protexe?

Cando un é tan pequeno, sentirse protexido non é algo malo. E con Ana iso pasa moitas veces. Pero non só mira por min, que son un gnomo, pois tamén se ocupa de que a cada un lle corresponda o que é seu. Ademais, é unha das mellores usuarias do blog, porque sempre que pode deixa comentarios moi interesantes. Así que, en realidade, por defender en todo momento as nosas cousas e os nosos dereitos, eu creo que Ana é unha guerreira. Pero das boas, claro…

Ana, a guerreira

22 dic 2010

¡Feliz Navidad!

Cuando Ismaíl supo que Ana nos había hecho una foto, exigió que hiciese un post con ella. Me escabullí como pude, evitando una y otra vez el asunto. Pero hoy me he rendido, ya que me avisó muy seriamente. Dijo que si no la mostraba, cuando despertase, me vería en el espejo como un horrendo sapo. De pensarlo, siento escalofríos…

Bo Nadal!

Aprovecho la ocasión para recomendar dos blogs. Uno, el de Álex, ya lo conocemos aquí; pero el otro, de Pablo, Iván y Daniel Ondina, es la primera vez que lo anunciamos.

15 sept 2010

Después del verano

Acabamos de iniciar un nuevo curso y en nuestro blog empiezan a publicarse los trabajos de los Equipos de Redacción. Este primer post del curso trata del verano que ya pasó y de las cosas que hicimos. Como siempre, este equipo ha recibido la ayuda de otros compañeros y compañeras.

Este verano todos tuvimos muchas aventuras y además hemos viajado. Desde la playa a la piscina, y también a más lugares. Por ejemplo, algunos fueron a la Playa de las Catedrales, en Lugo, y otros a Andalucía. Las vacaciones son para divertirse, pero tampoco viene mal hacer algunos deberes.

Por otra parte, ganó España el Campeonato Mundial de Fútbol, por la suerte del gol de Iniesta y por los paradones de Casillas. Así que nos hemos reído y divertido, y por eso nos encanta el verano.

Ahora empieza un curso nuevo y nos volvemos a encontrar con los amigos y compañeros. Hay dos compañeras nuevas: Sofía y Amna, que viene desde Gandía. Esperamos que regrese pronto Ismaíl, para que las conozca, pues al parecer está de viaje. Y deseamos que su tesoro siga aumentando.

Para terminar, haremos lo posible para aprobar todos. Así que, ¡¡¡a por ellos!!!

[Carmen, Sara, Cristina P., Alejandro]

Daniel Ondina y Brais cedieron amablemente algunas fotos: de Baiona (Pontevedra) y de la Playa de las Catedrales (Lugo).

27 may 2010

A excursión

Este é un novo post elaborado polo noso Equipo de Redacción. Trata un tema de actualidade, pois escribiron sobre a excursión de fin de curso que realizamos hai uns días. Como sempre, contaron coa axuda voluntaria de varios compañeiros: Brais e Clara, entre outros.

O xoves 20 de maio tivemos unha excursión: fomos a Noia. Foi moi longa e divertida, e tanto na viaxe de ida como na de volta vimos a “peli” Avatar.

Visitamos moitos sitios: o concello de Noia, o castro de Baroña, as dunas de Corrubedo, o centro de información da Praia do Vilar, etc. Aprendimos un montón de cousas.

En Noia, e guiados por unha monitora, visitamos o edificio do concello e descubrimos os seus escudos, e na igrexa de San Martiño vimos as súas lápidas medievais. Despois marchamos para o castro de Baroña, que é marabilloso, e que ademais ten vistas a unha fermosa praia.

A continuación comimos, descansamos e seguimos co noso percorrido. Por iso dirixímonos ás dunas de Corrubedo, que é un espazo protexido. E no centro de información da Praia do Vilar soubemos que Galicia é a comunidade autónoma con máis praias e quilómetros de costa.

Despois merendamos un pouco e iniciamos a viaxe de volta. Pero chegando a Santiago, o autobús empezou a ir cada vez máis lento e acabou por estropearse. Alguén dixo que se quedara sen batería, pero non estamos seguros. Un neno vomitou pola calor e a dor que sentía na súa cabeza. Esperamos unha hora e media por outro autobús. Así que chegamos a Culleredo, ao noso colexio, ás 22:30 horas, e todos tiñamos sono e estabamos moi cansados…

Pero, a excursión foi xenial!

[Lidia, Marta, Eduardo, Sandra, Rubén Sánchez]

A maioría das fotos son de Marta, que demostrou ser unha boa fotógrafa.

22 may 2010

As cousas de clase

Hai palabras que son moi importantes: imaxinar, aprender, xogar e vivir, que aparecen no título deste blog. Pero ademais hai outras, como ler, descubrir, facer e compartir, por exemplo. Con todas elas tratamos de encher a aula mediante as experiencias que levamos a cabo, tamén coas ideas e suxerencias dos nenos e nenas. Pois esas son as tarefas que máis gustan: as cousas da nosa clase.

Agora temos outra nova presentación para compartir con todos. Foi realizada por Alejandro, Marta e Clara, con moita ilusión e moitísimo esforzo. Ismaíl sorprendeuse ao ver este traballo, igual que lle pasou con todos os demais. Neses momentos di que non sabe onde está a verdadeira maxia, se no seu mundo ou no noso…

15 feb 2010

Disfrazados de zombis

Para el Carnaval de este año elegimos el disfraz de zombi. En el colegio, la idea común para todos los cursos fue el tema del miedo, y de acuerdo con esa idea surgieron los distintos disfraces. Los zombis de 5º eran muy peludos, con ropas viejas y muy gastadas. Así, por fin dejamos de usar las dichosas bolsas de plástico. Es una pena que pudiese hacer tan pocas fotos…

Si pasas el ratón por encima de cada fotografía, verás que aparece una lupa. Úsala para buscar los pequeños detalles.

 

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización