14 jun 2010

Azur y Asmar

La semana pasada vimos en el aula esta hermosa película, que fue realizada por Michel Ocelot. Se trata del mismo director de Kirikou y la bruja, que Ismaíl descubrió el curso pasado, y que tanto recuerda. Ahora, Azur y Asmar, y su película, también están en nuestro blog.

Había una vez dos niños que fueron criados por la misma mujer: Azur, de rubios cabellos y azulados ojos, era el hijo de un noble. Asmar, moreno y de ojos negros, era el propio hijo de la nodriza. Los dos crecieron juntos como si fueran hermanos hasta que el destino los separó de un modo brutal. Azur, espoleado por los cuentos que la nodriza le contaba sobre la legendaria Hada de los Djins, no descasará hasta encontrarla. Adultos ambos y ahora convertidos en rivales, aquellos que fueran como hermanos de sangre se embarcarán en pos del Hada y a la búsqueda en mágicas tierras, llenas de riesgos y prodigios…

Aunque ya hiciste un bonito cómic, prepárate para resolver otras tareas. Pero ten en cuenta que esta vez tendrás que realizar muchas actividades. Pulsa aquí o en la primera imagen para empezar.

Azur y Asmar - El tinglado

Azur y Asmar (2007), de Michel Ocelot

13 jun 2010

Cousas do folclore galego

Hoxe presentamos outro novo post do Equipo de Redacción, que tamén se encargou das fotos. O tema que escolleron para contar foi unha visita que recibimos hai uns días. Como é habitual na clase, este equipo recibiu a axuda libre e voluntaria doutros compañeiros: Cristina Sánchez, Carmen e Rubén Sánchez.

O día 2 de xuño viñeron dúas persoas ao colexio a darnos unha charla, a 5º A e 5º B, sobre o baile e a vestimenta tradicional galega. Eran Ánxeles e Alberto.

Ánxeles explicounos as partes que forman o traxe tradicional para a muller. E Alberto fixo o mesmo pero esta vez referíndose ao traxe tradicional para o home. Ademais, tamén falaron dalgúns instrumentos musicais, como por exemplo a gaita, os pitos, as castañolas e a pandeireta. Por certo, tanto un como o outro explicaron moi ben todo, e así soubemos que antes usaban as latas de pimentón para facer ruído.

Ao final de todo, os nenos e nenas das dúas clases bailamos e cantamos un pouco, mentres eles nos indicaban os pasos que había que dar. E un neno de 5º A tocou a gaita, e o seu profesor, o pandeiro.

Hai que dicir que foi unha charla moi interesante, pois non está mal saber cousas sobre os nosos bailes e traxes típicos.

[Laura, Rubén Seoane, Alex, Lara, Ana]

11 jun 2010

Unha visita desde Portugal

Recibimos no noso taboleiro de noticias unha visita inesperada, pero moi moi bonita. Trátase dun profesor de Portugal, que deixou algúns enlaces para que coñezamos máis cousas do seu país, do seu colexio e da súa aula. Por iso, sabemos que eses alumnos son de idades diferentes, e que os seus nomes son: Afonso, Raquel, Luisa, Carolina, Ana Clara e Iris. Aquí están.

Este cartel interactivo está feito cunha ferramenta chamada Glogster. Se queres velo máis grande, preme no seu nome e despois onde poña View Full Size. Agora le o que escribiron e, sobre todo, escoita esas palabras nas súas propias voces. Lembra que falan en portugués…

10 jun 2010

As ganas de aprender

Algunhas semanas despois do noso estudo sobre a reprodución, temos unha nova presentación para mostrar. A idea orixinal partu de Antón, pero foi rematada coas ideas aportadas por Lidia. Así os dous están a piques de se converter case nuns expertos no manexo dos novos medios. Pero é a clase enteira a que destaca polas súas ganas de aprender…

Ao mesmo tempo que coñecen máis e máis cousas, non esquecen o mundo de Ismaíl. Por iso, Ana, Cristina Sánchez, Brais e Saleta, a súa pequena irmá, aumentaron un pouco máis o seu tesouro. E Lidia sorprendeuno cunhas fermosas flores de papel que fixo ela. E que trouxo nunha caixa decorada con imaxes de monumentos de España. A el non lle saían as palabras de agradecemento…

8 jun 2010

O espello máxico

Moitos contos populares e libros de literatura describen aos espellos como ferramentas para o coñecemento. Son presentados como ventás abertas a verdades importantes, a mundos afastados ou a marabillas inimaxinables. O espello de Harry Potter adiviñaba algo do futuro, e por iso un día pensamos na clase o que lle pediriamos, no caso de ser posible. Aquí están esas peticións e eses soños debuxados, para ver todo desde o ordenador, que ás veces tamén parece un novo espello máxico …

5 jun 2010

Día Mundial do Medio Ambiente

Todos os 5 de xuño, desde 1973, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Pero nos últimos tempos, cada ano que pasa parece que hai máis motivos para esta celebración. Así, por exemplo, neste enlace podes ver como diminuiron algúns glaciares, ou como se secaron algúns lagos, ou incluso como algunhas montañas perderon o seu xeo e as súas neves… Moitos científicos non o dubidan: os humanos somos os principais responsables deses cambios que se están a producir na Terra.

Pero ti aínda es capaz de facer moitas cousas. Seguro que é certo. Entón, que farás polo teu planeta? Observa esta película e opina.

Este vídeo naceu a paritr dalgunhas imaxes que xa presentamos aquí: O planeta azul. Ten en conta que reutilizar e reciclar son dúas palabras que favorecen a conservación do noso medio ambiente. Xoga e aprende nestes enlaces:

2 jun 2010

El concurso de Eurovisión

Otro post de nuestro Equipo de Redacción, en el que poco a poco van surgiendo nuevos “periodistas”. En esta ocasión, y como viene siendo habitual, contaron con la colaboración voluntaria de algunas compañeras: Ana, Sandra y Cristina Sánchez.

Como cada año, se celebró el festival de Eurovisión, que esta vez fue en Oslo, la capital de Noruega. Ganó Alemania con la cantante Lena y su canción Satélite. Y nunca antes se había producido tanta separación de puntos entre el primero y el segundo, 123 puntos.

Desafortunadamente, nuestro país, España, quedó en 15º lugar, con el cantante Daniel Diges y su canción Algo pequeñito. Pero lo peor fue que apareció un espontáneo haciendo el ridículo, un tal Jimmy Jump, para estropear la actuación española. Pero no estuvo tan mal, sino que estuvo requetebién. Nuestro cantante actúo con fuerza y cantó sin rendirse, a pesar de lo que ocurrió. Por eso, hay que valorar el puesto que logró conseguir, ya que participaban un montón de países.

Otras buenas canciones fueron las de Grecia, Turquía y Francia e Irlanda. Aunque los jurados de cada país votaron a los países que tenían más cercanos, y eso fue algo injusto.

[Antón, Andrés, Iván, Daniel Ondina]

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización