28 abr 2011

Polgariño conta… historias!

Parece incrible, pero a cantidade de historias de Polgariño conta é grande, moi grande. Xa pasan de 190 contos! Cada neno e cada nena ten todos eses relatos no seu propio cartafol de traballo, xunto coas súas ilustracións. Pero no sitio de Polgariño en Internet non están todas as historias, pois cada quen decide o momento de envialas. Así que hoxe coñeceremos as cifras de todos:

Carmen (2); Sofía (2); Álex (8); Amna (2); Daniel Martínez (6); Clara (6); Pablo (5); Daniel Ondina (2); Ana (3); Cristina Pena (2); Marta (2); Eva (2); Brais (8); Lidia (2); Laura (8); Sandra (8); Iván (1); Andrés (2); Sara (8); Cristina Sánchez (2); Rubén Sánchez (2); Antón (8); Rubén Seoane (2); Lara (3).

Eses números indican que só os que teñen oito historias publicadas completaron todo, porque se esforzaron. Son: Alejandro, Brais, Laura, Sandra, Sara e Antón. As tres nenas e os tres nenos merecen tres moedas de ouro cada un, por ese traballo tan estupendo.

Para os demais, e desde este momento, hai a obrigación de cumprir. Trátase dunha nova tarefa. Tedes que voar pola imaxinación e a fantasía igual que os seis fantásticos exploradores que xa o fixeron…

23 abr 2011

El juego de Ulises

Del trabajo, y siguiendo la obra de Polidoro, quedan sólo dos partes: Ulises en el palacio de Alcínoo y el encuentro con su hijo Telémaco, ya en Ítaca. En el blog hemos puesto tres vídeos: O cíclope Polifemo; Eolo e o saco dos ventos; e A illa de Calipso. Pero ya no habrá máis. Para terminar, usa el libro citado o los que tú quieras, que hay otros muchos.

También se puede jugar con el héroe griego. Pulsa en la imagen, selecciona El viaje de Odiseo y elige el nivel para empezar (fácil, medio o difícil). Después, trata de llegar todo lo lejos que puedas.

El viaje de Odiseo

Si no te esfuerzas, puede que te resulte complicado. En ese caso, aquí tienes dos juegos más sencillos:

21 abr 2011

Uns bocados de lectura

O día 23 de abril é importante, celébrase o Día Mundial do Libro. Por iso neste post falamos duns bocatas moi especiais, de bocatas que antes foron libros para ler. Pola lectura incluso bailamos ao final do pasado curso, como fixeran nun instituto americano, e todo o noso colexio quedou sorprendido.

Aquí están algúns dos libros que foron lidos, os seus bocatas e a música.

19 abr 2011

A illa de Calipso

A parti do noso libro de referencia sobre o heroe grego, Cuentos de Polidoro: Las aventuras de Ulises, presentamos o terceiro dos vídeos. Este trata da acollida que tivo na illa da ninfa Calipso. Lembra que os outros dous foron:

Esta noticia pode interesarlle aos exploradores de bibliotecas, que sabemos hai moitos. Na máis grande das que hai na Coruña, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés, encontrei dous cómics sobre Ulises dun autor chamado Sébastien Ferran. Son:

17 abr 2011

Lo que hicimos

Por fin, después de bastante tiempo, un post de un equipo de redacción. La verdad es que a veces no se pueden hacer, pues tenemos mucho trabajo. Hay quien debe llevar las vacas al monte, otros marisquean en la ría, algunos entrenan muchas horas para ser astronautas, etc. (jejeje…) Menos mal que este equipo pudo contar con buena colaboración: Marta, Sandra, Antón, Clara, Lara, Laura, Cristina Sánchez, Brais, Carmen, Daniel Martínez, Rubén Seoane y Lidia.

En este trimestre nos lo hemos pasado muy bien, es cierto. Pero seguimos trabajando duro, gracias a Ismail y al profe, que nos han ayudado mucho.

También hemos recibido la visita de escritores como Teresa González Costa, la autora de A filla do ladrón de bicicletas. Y tuvimos charlas sobre ciclismo y algunos talleres. Y sobre todo colaboramos los niños y las niñas en muchas cosas. Por ejemplo, en el fútbol…

En el baile tenemos algún problema, y aún no acabamos con la canción de Gotta Keep Reading. Pero seguro que lo haremos.

Por eso, pensamos que es una pena que todo haya terminado…

[Alex, Sara, Cristina Pena, Pablo y Ana]

15 abr 2011

Eolo e o saco dos ventos

Ten en conta que esta historia das aventuras de Ulises empeza ao final do anterior vídeo. Agora, ademais do noso libro de referencia ou dos que ti uses libremente, xa coñeces dúas das aventuras de heroe grego. Lembra que debes ir preparando o teu material. No pode haber retrasos. Pois Eolo, o fillo do deus Poseidón, sempre está vixiando…

14 abr 2011

O cíclope Polifemo

É importante que non deixes para o final a actividade da Aula de mitoloxía. Xa sabes que trata das aventuras de Ulises, o heroe grego, cando regresa da guerra de Troia cara o seu reino de Ítaca. Unha das súas primeiras aventuras sucede na illa do cíclope Polifemo. Os cíclopes eran uns seres terribles que tiñan un só ollo no medio da fronte.

Por certo, este vídeo remata coa chegada de Ulises á illa do deus dos ventos, Eolo. Así que tamén serve, en parte, para a segunda aventura do noso libro.

12 abr 2011

Unha bonita historia

Queredes saber como coñecín esta historia? Ben, non hai nada que o impida. Foi neste sitio onde descubrín o conto de Daniel Ondina, O móbil máxico. Aínda que xa está escrito, podo contar a miña versión, pois Daniel é un amigo. Se non fose así, a miña lingua transformariase nunha pedra incandescente e ningunha fonte podería apagala nunca.

Escoitade…

23 de abril, Día do Libro Un bo día Carlos paseaba pola rúa co seu amigo Fran. Mentres paseaban, falaban da tecnoloxía que había no mundo moderno. Había tantos televisores, tantos ordenadores, que ninguén se lembraba de contos como a Cincenta ou Brancaneves... Xa que, ao parecer, os nenos e as nenas tiñan outras ocupacións.

Así que, mentres camiñaban, Carlos atopou un móbil a punto de caer nos sumidoiros. Colleuno rapidamente por se era de alguén coñecido, pero parecía que estaba novo, moi novo.

Fran dixo:

-Wow!!! É o novo móbil Samsung Galaxy S.

Si, certamente molaba moito, aínda que os números 2, 4, 6 e 5 estaban brilando. Carlos pulsou eses botóns, e cando quixo darse conta a xente estaba lendo libros en vez de xogar coas consolas e videoxogos.

Era incrible. O móbil era como un libro de conxuros!

Os botóns 8 e 1 tamén brilaban. Carlos pulsounos e todo o asfalto e as beirarrúas enchéronse de flores. Parecían as flores dos contos marabillosos.

No había dúbida. Aquel móbil era impresionante!!!!

Os números 0, 7 e 9 non brilaban pero Carlos decidiu pulsalos, por se acaso. O móbil converteuse nunha espada coma a dun príncipe dos contos clásicos, e apareceron dragóns por todas as cidades do mundo.

Entón, Fran desapareceu sen máis!!!

Carlos buscouno por todas partes, ata que nunha torre de pedra viu un home estraño que facía maxia. Era Fran, pero parecía o mesmo mago Merlín.

Carlos non quería que a xente volvese a olvidar os contos do mundo. Pero tampouco quería que Fran, o seu amigo, esquecese a súa amizade. Por iso, Carlos pulsou o botón do móbil de cor vermella, e todo fixo , POOOF, POF, POF!!!!

E o mundo volveu a ser o de sempre.

Carlos seguiu pensando que facer para que os nenos recordasen os contos. Entón, abríu unha tenda onde os contos e máis a tecnoloxía poderían unirse. E así crearon o e-book, o chamado libro electrónico...

11 abr 2011

Son dos nosos

Hai tempo que non aparecen protagonistas no blog, como antes. Pero estes días, seguramente debido á chegada da primavera, apareceron algúns novos. Por exemplo, Daniel Ondina, Daniel Martínez, Laura, Sara e Lidia. Ao parecer, tiveron o detalle de mostrarnos o seu dominio do balón e do fútbol. Creo que son uns fenómenos, pero non sei cal será a vosa opinión…

Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!

9 abr 2011

Ulises o aventureiro

A mediados de febreiro falamos de Ulises e as súas aventuras. Como estabamos con outras tarefas, deixamos esta idea que foi de Daniel Ondina. Pero agora chegou o seu momento. Así que le con atención este post, é moi importante.

  1. Cuentos de Polidoro: Las aventuras de Ulises: Neste enlace está a versión que usaremos todos. Contén 5 historias: o cíclope Polifemo, a illa de Eolo, a ninfa Calipso, o palacio de Alcinoo, o encontro con Telémaco. De cada unha farás o seu cómic. Podes facer máis se tes o material apropiado.
  2. Alguén da clase mostrará as plantillas necesarias para este proxecto, e deberás coller todas as que precises.
  3. A expresión, a claridade e a presentación serán boas. Ademais, en cada cómic haberá que utilizar diversos tipos de planos.
  4. O día 26 de abril, á volta das vacacións, estará todo preparado e feito con lapis, en galego e sen colorear. Non se admitirán retrasos.
  5. Lembra que no noso blog terás unha boa axuda online, case en directo, pero tamén podes facer consultas mediante o correo electrónico.

No post de febreiro, que xa comentamos, algúns compañeiros e compañeiras citaron outros libros sobre Ulises moi interesantes. Mira nos comentarios. Por se acaso, aquí tes máis recursos:

7 abr 2011

Dedicatoria

Este post tiene una dedicatoria muy especial. Es para todos los amigos de Ismaíl, especialmente para los niños y niñas de 6º B y sus familias. Pero también para aquellos que lo han conocido, en este colegio o en otro lugar. Él sabe que nada sería posible sin vuestra presencia..

5 abr 2011

En Sotavento

Onte, luns 4 de abril, os dous sextos realizaron unha visita ao Parque Eólico Experimental Sotavento. Como din na súa páxina web, Sotavento atópase en Galicia, na comarca da "Serra da Loba", a 10 km. ó sur das Pontes de García Rodríguez, entre os termos municipais de Xermade (LUGO) e Monfero (A CORUÑA), e a unha altitude entre 600-700 m. A duración da viaxe, aproximadamente, é dunha hora desde A Coruña, e hora e cuarto desde Santiago de Compostela…

Fotógrafa: Marta Peña

1 abr 2011

Sempre Polgariño

En Polgariño conta, o noso proxecto de invención de historias, dous novos contos creados coas palabras poderosas:

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización