15 may 2010

Ao final da semana

Remata unha semana de actividades ao redor da tecnoloxía, a informática e a obra de Uxío Novoneyra. E xa que temos uns días libres por diante, traemos ao blog unha última presentación. Sandra, Ana e Laura, as autoras, buscaron todo o que precisaban para que agora vexamos o seu traballo.

Tamén hai máis gravacións de audio, para que nas voces destes nenos e nenas lembremos ao poeta do Courel.

1) Lara Vieites Meijide: Canta o cuco
2) Alejandro Costa Suárez: Vai polo monte o camiño
3) Daniel Ondina Seijo: Fontiña do Carabel
4) Marta Peña Rodríguez: Cain as follas

Se queres descubrir o que Lara, Alejandro, Daniel Ondina e Marta desexan ser de maiores, preme aquí e búscaos. Non te perderás!

5 comentarios:

Lidia dijo...

...

Ismail estou a facer un ramilliño de flores... son fermosísimas che van a encantar.
Hoxe pola tarde me vou para la aldea e non vou poder deixar comentarios, que pena co que me gusta a min facer comentarios bos e fermosos.
Saúdos e Laura, Sandra, Ana...
Canto vou a echar falta o blog, o noso blog

BRAIS dijo...

Esta presentación é bonitísima, teñoo que recoñecer o tanto que me gusta. Fotos, leva de todo o que unha presentación pode levar.
Ismaíl, o lunes vouche levar un conto que o teño preparao desde fai moito tempo.
Lidia, estate tranquila porque non pasa nada.
As gravación xuntas son máis bonitas que se paradas.
No Audiacity, Mario se poden poñer as voces de todos os que recitaron as mesma poesía?
Chao, ata mañan ou ata despois.

Sandra Rivadulla Llerafo. dijo...

Ola,Ismail.Grazas por poñer a nosa presentación no teu blog.Dille a Mario da miña parte que moitas grazas por intentar que a biografía fora mais curta.Ti que cres ?tendrei que agradecerllo¡¡Bueno esas voces son moi alucinantes,e espero que algún día todos poidamos melloralas,pero iso pouco en pouco.Moitos bicos,Sandra.

Daniel Martínez dijo...

Ola Ismaíl, menudas presentacións as nosas, 1º a de Edu, Antón e eu, 2º a de Brais, Lidia e Eva, e 3º esta presentación.
Adeus.

Antón Seijas Vieites dijo...

Mario creo que moi poucos comentarios no blog por iso estou aquí.
Esta presentación xa a viu moita xente, porque cando mirei no de presentacións xa estaban en 3º lugar, pero a que fixemos Dani M, Edu e eu ten ¡¡¡180 e pico visitas!!!

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización