Outro post súper especial, pois fala de dúas novas sorpresas que recibimos na clase. Como no parque de Sara, tamén son o froito do esforzo das familias, ás que sempre lle agradeceremos a súa xenerosidade…
A nosa compañeira Lidia trouxo onte un marabilloso circuíto eléctrico con forma de faro mariñeiro. Para poder facelo, precisou da axuda do seu pai, Manuel, e de Antonio, un compañeiro seu do traballo. Ademais, tamén necesitaron de moitas horas de traballo e de moita paciencia. Por se te animas, que é moi divertido, este é o material:
- Cartolina branca.
- Cartón para a base.
- Pedras para adornar.
- Pinturas e un rotulador negro.
- Tapón de plástico dun deterxente para a luz do faro.
- Unha pila e cables.
- Unha bombilla de lanterna.
[Sofía, Pablo, Lidia]
Onte, 15 de xuño, Rubén Seoane e Daniel Ondina fixeron unha maqueta dun campo de fútbol, no que usaron gran circuíto eléctrico para a súa iluminación. Para logralo, utilizaron este material:
- 4 tubos de PVC de 32 cm de alto.
- 4 porta-lámpadas.
- 4 bombillas de baixo consumo.
- Unha pila de nove voltios.
- Un interruptor.
- Dous cables de 3 metros.
- Un taboleiro de 60x90 centímetros.
- Herba artificial que se adapte ao taboleiro.
- Varios bonecos e un balón pequeniño de xoguete.
- E, por suposto, pintura para as raias do campo.
Para este traballo, necesitaron a axuda de Pedro, o pai de Daniel, e dun amigo seu chamado tamén Dani. Pero Pablo, o irmán pequeno de Daniel Ondina, colaborou moito, pois el tivo a idea de poñer os bonecos no campo de fútbol.
[Iván, Amna, Daniel O.]

