19 ene 2010

Lembrando as mates

Atendendo a un comentario do noso compañeiro Rubén Sánchez, que dixo que aquí non había moitas actividades de Matemáticas, presentamos agora un bo montón. Trátase das cinco primeiras unidades dese libro, as do primeiro trimestre, e por iso atoparás xogos e tarefas sobre os seguintes contidos: os números naturais e as súas operacións, a división de números naturais, os números decimais e as súas principais operacións.

Todos estes novos enlaces publicáronse neste sitio: Blog de Quinto CEIP Doñana. É o blog duns nenos e nenas do teu mesmo curso, pero que están nun colexio de Andalucía. Así que aproveita ben a ocasión e repasa as Matemáticas…

Matemáticas, 1ª avaliación

Preme aquí ou na imaxe para acceder ás actividades.

17 ene 2010

Imaxina, aprende, xoga, vive

Estas catro palabras forman o lema do noso blog. Agora, tamén é posible facer todo iso a través de Internet e do uso do ordenador.

Pois é certo que hai moitos sitios para aprender e imaxinar, e por suposto para xogar. Pero debes ter en conta que non é unha boa idea encher o blog de enlaces que non se utilicen. Así que o primeiro de todo será coñecer ben os que xa hai, para que despois vaian aparecendo outros novos.

Na nosa aula e no colexio trataremos de probar a maioría desas utilidades. Pero, ¿que ocorre na túa casa?, ¿sabes algo do que hai nos apartados de Lectura, Medio ou Matemáticas? Por exemplo, no blog temos un estupendo sitio con 64 xogos e que está en inglés… ¿Sabías algo diso?

Orisinal

Preme aquí ou na imaxe para ir a Orisinal.

15 ene 2010

Os primeiros poboadores

Como xa sabes, a Prehistoria é o primeiro gran período da Humanidade e durou varios millóns de anos. Para poder estudar e comprender mellor esa época tan longa, divídese en tres partes: o Paleolítico, o Neolítico e a Idade dos Metais.

En Internet hai moita información útil para que entendas mellor a Prehistoria, e Ismaíl sábeo. Así que mirou e buscou algúns sitios moi interesantes, para que todos os seus amigos e amigas aprendan máis rápido e con facilidade.

Están aquí, no noso blog, e son os seguintes:

  1. VIAJANDO A TRAVÉS DE LA HISTORIA
  2. CONOCIENDO LA PREHISTORIA
  3. PRIMEROS POBLADORES

Conociendo la Prehistoria

14 ene 2010

El sueño de Antón

Cuando Antón descubrió los viajes de Ismaíl, tuvo un sueño. Imaginó que estaba en su aula, con los compañeros y compañeras, y que inventaban una historia, una buena historia. Después, usando la colaboración y el trabajo en común, en el sueño eran capaces de convertir aquella historia en un vídeo.

Hablamos de todo eso en la clase, y les conté que es posible crear historias con el ordenador, con palabras, imágenes y música. Y que lo haríamos. Pero no les hablé de los problemas.

Hay en el aula un viejo ordenador, un Pentium III muy manoseado, sin fuerza ni agilidad. No soporta programas nuevos ni los modernos navegadores, así que es mejor no hablar de nuestra experiencia en Internet. Además, tenemos una conexión inalámbrica lenta y caprichosa, que no siempre funciona bien. Y nuestro horario en el Aula de Informática del colegio aún no está asegurado.

Pero Ismaíl, a pesar de las dificultades, afirmó que nos pondríamos a contar historias…

Dicen que en algunos lugares existe algo que llaman Escuela 2.0, donde todo es maravilloso. Los ordenadores son potentes y la conexión a Internet es tan veloz como el rayo. Dicen que es cierto, pero nosotros no sabemos nada.

12 ene 2010

Mecanografía con Ismaíl (1)

Xa sabes que hai que saber escribir ben co lapis e co bolígrafo. Pero agora, no mundo actual, tamén é necesario dominar a escritura co teclado do ordenador. Desde o noso blog, queremos axudarche niso, para que non sintas tanto medo. Por esa razón, aquí tes a primeira sesión de mecanografía con Ismaíl. Haberá outras, que serán cada vez un pouco máis complicadas.

Ademais, hoxe tamén iniciamos un novo apartado, ao que chamaremos Os nosos proxectos. Este primeiro consta de tres xogos, que deberás practicar de forma odenada, tal e como se indica:

  1. Typing: Para empezar o teu entrenamento, deberás teclear todas as letras a medida que aparezan. Pero hai que evitar que a pantalla do ordenador acabe chea de letras e máis letras. Así que atende…
  2. Keyboard Game: Un teclado virtual para que practiques a túa rapidez. Tes que teclear ben o maior número de letras en 30 segundos. ¡A ver cantas logras!
  3. El reto de Hexamano: En 21 segundos deberás quitarlle as letras a Hexamano, pero sen cometer fallos, pois restan puntos. Ganas se es capaz de conseguir 100 puntos.

Keyboard Game

11 ene 2010

A caixa dos xoguetes usados

 Antía Seijas Vieites escribiu este conto cando estudaba 6º de primaria, no ano 2005. Como o seu irmán Antón está agora en 5º B, lembramos aquela historia no noso blog. Ademais, hoxe regresei por fin ao colexio…

Mentres Ismaíl paseaba por Culleredo fixouse nunha estraña papeleira. Nela asomaban coma dous ou tres bonecos de trapo, todos roídos e estropeados polo tempo.  A Ismaíl deulle moita pena e, como os trasnos falan o idioma de todos os bonecos, achegouse á papeleira e comezou a falar con eles:

-Oíde, ¿que é o que facedes aquí? ¿Non deberíades estar xogando cos nenos?
-Si... Pero os nosos nenos abandonáronnos aquí, e desde entón ninguén nos fai caso...
-¡Oh!... Entón, ¿é esa a razón pola que estades na papeleira? Pois ben, teño unha idea. ¿E se vos metedes nunha caixa que recolla os xoguetes usados?
-¡Sería marabilloso! Pero, ¿onde hai unha caixa así?
-No colexio Isaac Díaz Pardo están colocando unhas grandes caixas para recoller xoguetes... ¿Que vos parece?
-¡Unha idea perfecta!

E así foi como os xoguetes usados de Culleredo pasaron ás mans dos nenos e as nenas de África e Asia Central.

Todo grazas ao noso amigo Ismaíl...

Meez 3D avatar avatars games

5 ene 2010

Os libros do ano

Desde o famoso Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil recibimos unha marabillosa selección de lecturas titulada Lo + 2009. Ese centro pertence á Fundación Germán Sánchez Ruipérez, que está na cidade de Salamanca.

Trátase dunha colección formada polos mellores libros de literatura infantil e xuvenil publicados o ano pasado en España, para lectores desde os máis novos ata os 18 anos de idade. Tamén hai libros especiais para regalar. Así que, se miras ben, seguro que haberá algún que che pode interesar…

Lo + 2009
Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización