28 jun. 2011

Aberto por vacacións

Como o verán é longo, moi longo, hai que facer cousas para non quedar durmidos. E lembra que agora xa es maior; así que atrévete e resolve tamén actividades de Secundaria, pois debes entrenar pouco a pouco. Preme na imaxe para empezar…

Abierto por vacaciones 2011

Pero aínda hai máis, que nas redes de Internet a pesca é grande:

27 jun. 2011

Para Elisa

En los comentarios del post anterior, sin que nos enterásemos bien, reapareció nuestra amiga Elisa. La conocimos en uno de nuestros taboleiros, que fue cuando contactó con nosotros. Así supimos que vive en un país de América y que es familiar de nuestra compañera Sofía. Pero ahora, por su madre, acabamos de descubrir que está enferma, y que está pasando un mal momento.

Elisa, a pesar de la distancia, y aunque no nos conozcamos personalmente, te deseamos lo mejor. No te desanimes, no te rindas… ¡En nuestros corazones hay un lugar para ti!

Para Elisa

23 jun. 2011

Lector@s de Oro

Hoy llegaron al colegio las pegatinas con el sello Buena práctica Leer.es, que el Ministerio de Educación nos concedió en junio por nuestro proyecto Cincenta ao redor do mundo. Aunque se enviaron por correo la semana pasada, no llegaron a tiempo y ahora ya estamos de vacaciones. Pero como el lunes vuestras familias tienen que pasar por el aula, las entregaremos ese día.

Por Cincenta ao redor do mundo

Aprovechamos la ocasión para hablar de más premios, de los de nuestro Programa de Lectura en Casa y sus listas de Top Lectores Excelentes. Debido a mi baja y a las prisas de última hora, aún están por confirmar los premiados del 2º trimestre y el 3º trimestre. Después de hacer los cálculos, resultó que hay que tener un mínimo de 7 fichas entregadas para ser considerado un buen león o leona de la lectura. Esta vez no recibirán un diploma, sino una buena moneda de oro del tesoro de Ismaíl. Y también será el lunes:

  • Sandra (17), Ana (17), Alejandro (16), Eva (15), Daniel Martínez (14), Sofía (11), Marta (10), Lara (10), Amna (9), Lidia (9), Andrés (8), Antón (8), Cristina P. (7), Laura (7).

Para los lector@s de oro...

22 jun. 2011

De cando voan do niño

Ao remate de cada curso publico un post que anuncie ese final. Gústame facelo con algunha presentación ou vídeo, como o ano pasado. Talvez suceda o mesmo, ou talvez non; Ismaíl aínda non o sabe.

Pero hai outra opción. Durante a festa de despedida cantaron unha canción para as súas familias. Sabiamos desa canción e desa poesía desde quinto, cando a dixemos. Agora, en vídeo, paréceme unha bonita despedida…

FELICES VACACIÓNS!

20 jun. 2011

Margarida

Creo que esta será a última sorpresa de Polgariño conta. Pero é unha auténtica súper sorpresa, pois unha das súas historias agora é unha película de máis de cinco minutos de duración. Naceu a partir dun conto imaxinado e escrito por Antón, e que titulou Margarida, a nena ecolóxica. Ao igual que na anterior historia dixital, O cofre máxico, participou e colaborou toda a clase.

De novo, agradecemos na dirección de imaxe e fotografía o traballo realizado por Marta. Sen ela, nada semellante sería posible…

19 jun. 2011

O día da graduación

As fotos de Sandra e de Clara, que amablemente enviáronas por correo electrónico. Como son tan emotivas, non vou dicir nada máis. Só que talvez a presentación vaia cambiando, se chegan máis fotos…

17 jun. 2011

A festa da despedida

Hoxe celebrouse no colexio o acto de graduación para os alumnos de 6º de primaria. A participación das familias foi moi importante, e sen elas nada sería posible. Reunímonos no ximnasio do centro para ver una proxección de fotos, unha presentación de diapositivas, para cantar e para máis cousas, porque era un día de alegría. Claro que tamén falaron os mestres, pero nesta ocasión só foi un pouquiño. Eu, por exemplo, entre outras cousas, dixen:

… Para min é un pracer estar aquí con todos vós. Foron dous cursos intensos e emocionantes, con moito traballo, que sempre intentamos resolver. E agora que se fala de Internet como o cambio máis grande que se está a producir na educación, entramos e estivemos alí, a pesar das nosas dificultades. No blog de aula quedará a memoria destes dous anos, deste tempo: o que contaron, o que fixeron, o que soñaron. Certamente forman un grupo de rapaces e rapazas moi bo, como demostraron moitas veces, por exemplo, en Alvarella. Por iso, os seus mestres tamén aprendemos con eles. Espero que eles aprenderan algo de nós…

Os nenos e as nenas de 6º B, na voz de Sandra e de Brais, tamén falaron. Isto é un resumo do que dixeron:

… Estes anos, que para moitos foron nove, no Isaac Díaz Pardo aconteceron un montón de cousas. Houbo alegrías e situacións complicadas, emocións e felicidade, soños e, por suposto, algunhas trasnadas que nunca esqueceremos. Tamén fixemos moitos amigos. E a pesar de que algúns xa non están aquí, sempre terán o noso recordo nun lugar dos nosos corazóns… Por último, temos un recordo moi especial para os nosos pais e as nosas nais. Porque nos apoiaron e axudaron para seguir adiante, e para que cada vez nos superásemos máis, ata nos momentos máis difíciles…

Despois houbo unha pequena festa, onde falamos de todo, as familias, os mestres e os nenos. Tamén fixemos moitas fotos. O ambiente estivo, desde o principio, cargado de emoción, de moitísimas emocións. Porque, a fin de contas, o acto de hoxe non significou o final de nada; foi o inicio de algo novo. Ismaíl está seguro.

Por esa razón, agradecemos toda a atención prestada polas familias ao longo destes dous cursos. O que sucedeu hoxe non é máis que a confirmación de todo o que escribín neste post.

Unha flor para as familias, de parte de Ismaíl.

16 jun. 2011

Os circuítos de Lidia, Daniel e Rubén

Outro post súper especial, pois fala de dúas novas sorpresas que recibimos na clase. Como no parque de Sara, tamén son o froito do esforzo das familias, ás que sempre lle agradeceremos a súa xenerosidade…

A nosa compañeira Lidia trouxo onte un marabilloso circuíto eléctrico con forma de faro mariñeiro. Para poder facelo, precisou da axuda do seu pai, Manuel, e de Antonio, un compañeiro seu do traballo. Ademais, tamén necesitaron de moitas horas de traballo e de moita paciencia. Por se te animas, que é moi divertido, este é o material:

  • Cartolina branca.
  • Cartón para a base.
  • Pedras para adornar.
  • Pinturas e un rotulador negro.
  • Tapón de plástico dun deterxente para a luz do faro.
  • Unha pila e cables.
  • Unha bombilla de lanterna.

[Sofía, Pablo, Lidia]

O faro de Lidia

Onte, 15 de xuño, Rubén Seoane e Daniel Ondina fixeron unha maqueta dun campo de fútbol, no que usaron gran circuíto eléctrico para a súa iluminación. Para logralo, utilizaron este material:

  • 4 tubos de PVC de 32 cm de alto.
  • 4 porta-lámpadas.
  • 4 bombillas de baixo consumo.
  • Unha pila de nove voltios.
  • Un interruptor.
  • Dous cables de 3 metros.
  • Un taboleiro de 60x90 centímetros.
  • Herba artificial que se adapte ao taboleiro.
  • Varios bonecos e un balón pequeniño de xoguete.
  • E, por suposto, pintura para as raias do campo.

O campo de fútbol de Daniel Ondina e Rubén Seoane

Para este traballo, necesitaron a axuda de Pedro, o pai de Daniel, e dun amigo seu chamado tamén Dani. Pero Pablo, o irmán pequeno de Daniel Ondina, colaborou moito, pois el tivo a idea de poñer os bonecos no campo de fútbol.

[Iván, Amna, Daniel O.]

15 jun. 2011

O parque de Sara

Este post é especial. Explica un traballo realizado por unha familia, a de Sara, que xa fixera unha impresionante casa para Ismaíl. Desde aquí agradecemos todo o seu esforzo para que nós disfrutemos coas súas creacións.

O pasado luns, 13 de xuño, a nosa compañeira Sara trouxo un circuíto eléctrico en forma de parque. Se queredes algo así, necesitaredes estes materiais:

  • Un anaco de polispán.
  • Palliñas de plástico para as farolas.
  • Paíños de madeira para os bancos.
  • Luces pequeniñas, por exemplo dunha lanterna.
  • Témperas ou cores para pintar.
  • Un pegamento con forza.
  • Un cargador dun móbil, que teña a potencia eléctrica das bombillas
  • Un interruptor.

Con todo ese material, e tamén con cables e cinta adhesiva, pódese facer un circuíto por onde pase a corrente eléctrica. Pero para iso, hai que saber moito, claro! Por ese motivo, Sara contou coa colaboración do seu tío Miguel e do seu pai Rubén.

[Cristina P., Daniel M., Sara]

O parque de Sara

12 jun. 2011

Alvarella Pecha Kucha

Parece que este será o último post dedicado á excursión de final de curso, a Alvarella. O mellor é que os seus autores (Alejandro, Daniel Martínez, Antón) queren mostrar esta presentación como unha Pecha Kucha… Ah, que non sabes que é iso. Pois mira aquí.

9 jun. 2011

Unha aventura inolvidable

Aquí está un novo post dun equipo de redacción. Creo que esta vez tiñan moito que contar e que dicir. Por iso, seguro que este vídeo resulta un pouco especial…

Pasamos catro días en Alvarella. Chegamos o martes, 31 de maio, ás 11 da mañá, e apareceron os monitores: Jorge, Cris e Yoli, e depois Ana e Isa. A nosa primeira actividade foi unha marcha polas fragas do río Eume. Fixemos un montón de quilómetros. Cansámonos, pero aprendimos moitas cousas. No camiño paramos para comer de pícnic. Volvimos para Alvarella e realizamos un obradoiro de árbores moi divertido.

O segundo día estivemos na piscina para darnos un chapuzón. Houbo un obradoiro de papaventos e pola noite fixemos un xogo nocturno, na escuridade… Que medo!

O terceiro día, pola mañá, fomos ata o castelo de Andrade e tamén á igrexa de Santa María de Doroña. Pola tarde, de novo, bañámonos na piscina… Que guai! E fixemos un salvamanteis. Esa noite houbo uns xogos especiais, como o lindo gatiño, a familia numerosa e o baile no periódico.

O cuarto día, o último, fixemos un obradoiro de perfumes. Ao noso acordamos chamalo Pure Colour. Despois recollimos as habitacións e, por suposto, despedímonos de Bobi, Cuca e Greta, as mascotas de Alvarella.

Ao colexio regresamos un pouco tristes o 3 de xuño. Pois queriamos quedar alí! Nunca esqueceremos a nosa aventura de fin de curso…

[Sara, Brais, Marta, Ana, Carmen, Antón]

8 jun. 2011

Na busca do castelo

Mentres agardamos por algún vídeo no canal de YouTube, outra nova presentación de fotos da nosa estancia en Alvarella. A maioría foron tomadas por Sechu, o profesor de 6º A, pero tamén hai algunha que fixo a nosa compañeira Carmen. Nestas imaxes aparecen lugares do campamento como a piscina e as cabanas, e tamén o camiño que levaba ao Castelo de Andrade. Aínda que moitas son da actividade dos salvamanteis con vimbios. Ao final sae un amigo que deixamos alí…

6 jun. 2011

A Cincenta foi premiada

Cando a finais de marzo publicamos o post Cincenta, Cenicienta, Cinderella non imaxinabamos o que podía pasar. E o que pasou foi que desde o sitio Leer.es, do Ministerio de Educación, acordaron premiar ese proxecto noso. O premio, ademais do recoñecemento oficial neste mes de xuño, consiste nun selo Buena Práctica para o blog de aula. Ese selo serve para acreditar e destacar as actividades para a aprendizaxe lingüística que realizamos.

Sello de Buena Práctica leer.es

Este premio é para nós unha sorpresa, unha bonita sorpresa, que valoramos e agradecemos moito. A alegría que se sentiu na clase cando comuniquei a noticia, creo que foi tan grande como a que tivo a Cincenta ao probar aquel zapatiño…

5 jun. 2011

O día dos papaventos

Estivemos uns días en Alvarella, que é un eco-campamento, ademais de albergue turístico rural. Iso foi entre o 31 de maio e o 3 de xuño. Alí realizaron moitas cousas e pasaron moitas aventuras, que iremos contando pouquiño a pouco. Pois hai que agardar que os nosos fotógrafos teñan as súas fotos preparadas, e que os nosos escritores presenten as súas notas de viaxe.

Unha das actividades consistiu na realización dun papaventos a partir dunha bolsa de plástico, que en moitos casos era unha bolsa usada. Aquí están as primeiras imaxes…

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización