27 feb 2011

O Entroido

Esta é a semana do Entroido, que rematará o venres co desfile habitual. Pero antes pasarán moitas cousas. Por exemplo, as consignas para disfrazarse o mércores e mais o xoves, a proba de filloas e de orellas, e especialmente a preparación do noso disfrace de socorrista.

Mentres todo iso chega, demostra o que sabes desta festa e da súa celebración en Galicia.

(vía Casa de tol@s)

26 feb 2011

La fiesta

Como ya dijo Ismaíl en uno de sus comentarios, aquí tenéis un ejemplo de la nueva actividad que tendréis que hacer. ¡Y va a ser una fiesta!

Se trata de una actividad que se integrará sin problemas en uno de nuestros proyectos de escritura. Además, usaremos aplicaciones que se presentarán en algunos posts, como ya hicimos en La máquina de cuentos de Pancho. Pero también precisaremos de vuestras ideas. Así que, venga, a ponerse las pilas y adelante…

O equipo do binomio

Hai tres nenos e unha nena que son sorprendentes. Todos sabemos que na casa hai moitas cousas para facer, e que ademais sempre aparecen outras novas. Por iso, saber que os catro sempre poden enviar por correo os seus contos de Polgariño, é unha gran noticia. Forman un verdadeiro equipo, o equipo do binomio: Sandra, Alejandro, Antón e Brais.

Talvez algún día, cando as galiñas volvan a ter dentes, ou cando as sardiñas naden polo monte, os seus compañeiros aprenderán e tamén saberán como hai que facer para actuar así. A min, a Ismaíl, sorpréndeme…

Álex, Antón, Brais, Sandra

Se premes na foto, probarás unha aplicación nova. Trátase de construír a túa propia imaxe, pero como se foses un debuxo. O mellor é que podes gardar o que fagas… Ah, ten en conta que está en inglés

24 feb 2011

La máquina de cuentos de Pancho

Desde Perú llega Pancho para que, con su ayuda, inventes una historia. Cuando la termines, podrás verla en forma de viñetas, como un cómic, pero en la pantalla del ordenador. Así que será un cómic digital, incluso con movimiento.

Para empezar bien, lee antes las instrucciones. Si quieres crear un cuento, además de escribir, debes elegir escenarios, personajes, objetos y también la música. Pero nosotros, como ya tenemos un montón de historias, usaremos las que hay en el proyecto Polgariño conta. Y seguro que todo será muy fácil…

22 feb 2011

A Cincenta quere xogar

Antes do final, que ela sabe que está próximo, a Cincenta quere despedirse con algúns xogos e actividades. Seguro que se exploras en internet, ti tamén es capaz de atopar moitas máis sorpresas así.

A Princesa Abella

20 feb 2011

El final de la Cenicienta

A principios de noviembre del pasado año. iniciamos un pequeño viaje alrededor del mundo con Cenicienta. Ahora que estamos a punto de acabar, es el momento de las observaciones. Es cierto que algunas cosas todavía siguen vivas. Pero la parte más importante del proyecto ya está hecha: decir y contar, leer y escribir, imaginar

  • Nuestro viaje empezó en China, con el cuento El pez de la felicidad. En él conocimos a Ye Xian, que según dicen muchos fue la primera Cenicienta.
  • En Egipto, junto al río Nilo, encontramos a Rhodopis. Como cualquier otra Cenicienta, también calzaba unas zapatillas, aunque se dice que las de ella eran rojas.
  • Más tarde, llegamos a Francia para saber de Charles Perrault y de su versión: La Cenicienta o La chinela de cristal. Se trata de una de las adaptaciones más conocidas porque la utilizó Walt Disney.
  • En Alemania atendimos a los hermanos Grimm, Wilhelm y Jacob, que reescribieron su propia versión de La Cenicienta. Algunos de sus elementos son bien conocidos, pero otros no tanto.
  • Por fin, un día pudimos volver a España para descubrir dos antiguas versiones de este cuento: María la Cenicienta y, especialmente, Estrellita de Oro. Los dos se basan, de alguna manera, en la obra de los hermanos Grimm.

En una carpeta individual, todos tienen estos relatos pero también algunas adaptaciones propias, además de cómics y dibujos, carteles y otros trabajos. Cuando terminemos, cada carpeta será encuadernada para que se transforme en su primer libro: Cincenta ao redor do mundo. Y su portada ya es una realidad gracias a las ideas de Marta y de Brais

15 feb 2011

As aventuras de Ulises

Din que foi o poeta Homero o autor da obra titulada A Odisea, unha das grandes historias da Grecia antiga. É o relato das aventuras de Odiseo, ou Ulises, durante a súa viaxe de regreso á illa de Ítaca, logo de conquistar a cidade de Troia.

Nesa viaxe, o heroe grego pasou moitas aventuras, que son as que forman esta actividade da nosa Aula de mitoloxía. Para realizala, usaremos a seguinte versión resumida:

Ulises

Le con moita atención as súas aventuras, que poderás ampliar con outros libros e materiais, se o precisas. Así descubrirás máis cousas para coñecer mellor ao vello Ulises, e tamén para levar adiante a nova tarefa.

Máis recursos:

11 feb 2011

Os contos de Polgariño

Parece incrible, é certo, pero xa temos máis de 150 historias imaxinadas e escritas no proxecto de Pogariño conta. Non están todas en internet, no seu sitio web, pois non hai ordenadores na aula para conseguir iso. Os que se poden ver e ler, foron enviados por correo electrónico e xa preparados para a súa publicación.

Así que a gran maioría dos contos aínda non están dispoñibles, pero o noso desexo é compartir todas esas historias. Están aquí:

Sabemos que hai máis historias case preparadas, e que Polgariño conta aínda non rematou. Se temos a sorte necesaria, co noso esforzo, e tamén con algunhas axudas, poderemos acadar o éxito. Así talvez Polgariño e os seus amigos sobrevivirán…

Il etait une fois - Benjamin Lacombe By BCWALL from B&C on Vimeo.

9 feb 2011

Rumbo al espacio

Aquí hay 5 buenos pilotos, capaces de llevarnos lejos, muy lejos: Álex, el capitán de las presentaciones; Clara, con su ayudante Peque, la exploradora; Marta, la artista de las estrellas; Antón, el músico y navegante; Sandra, oficial de la nave y descubridora. Destacan por su esfuerzo y energía, por su compañerismo y amabilidad, por sus ganas de victoria. Incluso son buenos oradores. Es una suerte presentar una tripulación así…

Álex, Clara, Marta, Antón, Sandra

Si quieres unirte a ellos, antes tendrás que entrenar y practicar un poco:

7 feb 2011

Lengua, Mates, Medio (7)

Actividades especiales para la Unidad 6, que ya conoces. Pero también hay algunas tareas de repaso.

Lengua

Matemáticas

Coñecemento do Medio

A batalla de Lepanto A vida no Século de Ouro

3 feb 2011

Súper Brais, o colaborador

Onte foi o día da Candelaria, cando os paxariños ao parecer se casan, e hoxe é o día de San Brais. Menos mal que Clara estivo ben atenta e informou que pasaba isto. Pois para nós é importante, xa que hai alguén con ese nome na clase. Brais é, ademais, un bo compañeiro, gran realizador de presentacións, incansable e sempre disposto a colaborar. Por iso merece unha foto así…

Súper Brais, o colaborador

2 feb 2011

Os taboleiros

Acabamos de descubrir unha bonita ferramenta para usar co blog de aula, e con moitas posibilidades aínda por descubrir. Por iso temos un apartado na barra lateral (ou sidebar) con este mesmo título. De momento hai dous taboleiros, un para O Día da Paz e outro para O Renacemento. Pero estamos a preparar xa un máis para mostrar os vídeos que tanto nos gustan. Sen sabelo, foi Ana quen tivo esta idea…

1 feb 2011

Hai que sabelo!

Temos unha noticia importante que contar. Daniel Martínez, un alumno desta aula, foi convocado pola Selección Galega de Baloncesto, na categoría alevín. Entrenou e xogou cos demais compañeiros e viviu unha experiencia moi bonita. A mala sorte foi para Antón, que tamén estaba chamado, pero unha enfermidade impediulle asistir. Que non se preocupe, seguro que terá máis oportunidades.

Agora, despois da nosa felicitación, un pouco de entrenamento e a encestar con Hoops Mania!

Hoops Mania

Se che gusta este deporte, hai máis xogos de baloncesto. Por exemplo:

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización